O noso Máis ca Leña recibe recoñecemento como proxecto semente

Pincha na imaxe para agrandar


O Laboratorio Ecosocial do Barbanza xunto coa Fundación RIA, Fundación Banco de Santander e a Universidade de Santiago de Compostela, realizou unha xornada de visita o pasado xoves 4 de novembro a Rianxo para analizar os progresos das iniciativas que foran seleccionadas o pasado xullo como proxectos semente, entre eles o noso MÁIS CA LEÑA.

Nesta visita estiveron representando a estas organizacións, o presidente e o director da Fundación Banco Santander, Rodrigo Echenique e Borja Baselga, así coma David Chipperfield, presidente de la Fundación RIA, o rector de la USC, Antonio López, e o catedrático coordinador do grupo de investigación Histagra da USC, Lourenzo Fernández.

 

 

 

“Fixemos -Laboratorio Ecosocial do Barbanza- Un estudo antropolóxico sobre un estilo de vida que se está perdendo. Un estudo que ten que ver máis co futuro que co pasado. En Glasgow (Cumio do clima -2021-) hai un grupo de expertos falando estes días das mesmas cousas que nós hoxe aquí, pero nós facémolo desde un punto de vista moito máis práctico … O obxectivo é analizar como podemos protexer o medio natural redefinindo a nosa relación con el”. David Chiperfield

 

Rolda de prensa

 

As persoas que integramos a CMVM O Fieitoso estamos moi agradecidas polo apoio e recoñecemento recibido

 


Se queredes ler máis sobre a visita, aquí tedes ligazóns a diversos contidos publicados en medios de comunicación e RRSS:

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza

 

https://www.elcorreogallego.es/concellos

 

https://www.abc.es/espana/galicia/abci-david-chipperfield-arquitecto

 

https://twitter.com/FBancoSantander

COMUNIDADE DE MONTE VECIÑAL EN MANCOMÚN O FIEITOSO

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?