Proxectos

O proxecto MÁIS CA LEÑA consiste na creación dunha área didáctica en terreos de CMVMC “O FIEITOSO” en Taragoña, dedicada a dar a coñecer os distintos usos e aproveitamentos que ofrece o monte veciñal, máis alá da simple explotación madeireira, abarcando dende a gandería, a micoloxía, a apicultura, a resiñería e a produción de castaña, ao tempo que se fomenta o uso sociocultural e de lecer.

Contémplase o acondicionamento, delimitación e sinalización das zonas cos diferentes usos a través da instalación de paneis informativos. Para amosar o uso de actividade gandeira, adecuarase un inmoble como establo de rebaño de cabuxas e realizarase un peche cinexético para delimitar o espazo.

O proxecto está dirixido basicamente a escolares de educación infantil, primaria e secundaria. Nas inmediacións da parcela a acondicionar atópase o CEIP Brea Segade. Empregaranse as instalacións do CEIP para explicar aos visitantes os diferentes usos do monte, que se complementará coa visita ao monte.

As visitas serán gratuítas. Cabe a posibilidade de realizar visitas guiadas, que haberá que concertar previamente coa CMVMC.

O obxectivo principal é o uso e a ocupación do monte veciñal, alternativo á explotación forestal contribuíndo á súa conservación, así como á prevención de lumes.

O monte é noso, pero non no sentido da propiedade.

Trátase da responsabilidade de pensar máis aló, nese futuro que inclúe a todas as xeracions que están por vir, e traballar arreo en diversas iniciativas para protexer o entorno e facelo sustentábel de xeito que a nosa pegada nél sexa para melloralo e protexelo.

Fousas ao Monte é o noso músculo, a innovación, as gañas, a forza da cidadanía, dos veciños e veciñas, de todas as persoas que queren facer do monte veciñal e da protección do medio ambente un xeito de entender a súa forma de vivir.

Fousas ao Monte é un movemente veciñal sen costuras, flexible e dinámico... Unha folla de carballo movida polo vento que baixa do Castro Barbudo.

Isto vai de conciencia e consciencia sobre os nosos actos, e de acción para poñer en práctica o que está na nosa man, sen esperar a que outros o fagan por nós.

Fousas ao Monte é o noso músculo, a innovación, as gañas, a forza da cidadanía, dos veciños e veciñas, de todas as persoas que queren facer do monte veciñal e da protección do medio ambente un xeito de entender a súa forma de vivir.

Fousas ao Monte representa un movemento veciñal sen costuras, flexible e dinámico... Unha folla de carballo sacudida polo vento que baixa do Castro Barbudo, sen rumbo a ningures, sen patrón, pero que chega onde quere.